SAÚDO DA DIRECTIVA

Dirán vostedes : ¡Outra asociación máis na parroquia de O Castro.!

Pois así é por incrible que pareza, esta nova asociación nace co gaio de manter a marabillosa tradición que para o noso pobo son as Festas do Carme, xa que deste xeito agardamos poder lograr, co esforzo de todos, non corra o perigo de perderse, poida que deste xeito sexa máis doado superalos obstáculos e trámites que unha celebración de semellantes características acaréea a aqueles que se aventuran a tratar de levala a cabo.
Por iso, e porque queremos disfrutar con vostedes da festa, velos nenos nas atraccións, e como non, que o noso pobo se eleve e se coñeza, e tamén pólo moito que somos capaces de disfrutar e divertirnos un día de festa, e que non nos arremeda o desafío que cada ano supón levar a bo porto esa celebración.
E como xa somos vellos coñecidos, contamos con todos vostedes, polo Carme, para o Carme e no Carme.
Saudiños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario