TRAXECTORIA

LOGROS
Xa levamos organizando as celebracións na honra da Virxe do Carme neste pobo dende o ano 2001, así ano tras ano saímos as rúas na percura dos fondos necesarios para poder levar a bo porto estes festexos, sabemos que cada ano custa máis, pero non nos daremos por vencidos, tratamos de que todos os novos veciños e todos aqueles que nesas datas se achegan ata a nosa vila disfruten. Tivemos un ano de descanso no 2006, e aínda así ese ano con pouco tempo a festa seguiu adiante, logo decidimos volver tomar as rendas e crear esta asociación para ter o máis fácil iso dos permisos, como ven sabedes temos dúas contas bancarias abertas, en Caixa Galicia e La Caixa para aqueles que queiran lles poida resultar máis fácil a súa colaboración pois poden ir os poucos deixando a súa colaboración pero sempre dando o seu nome.
No 2007 tivemos xogos populares, fútbol masculino, campionato de bolos, a procesión xunto coa misa e a ofrenda floral, exhibición de bailes latinos, verbenas e fogos artificiais.
No 2008 repetimos cos xogos populares (variando o tipo de xogos), fútbol nesta ocasión masculino e feminino, campionato de bolos, procesión, fogos artificiais e verbenas con grandes orquestras (de feito houbo unha gran afluencia de público durante as actuacións destas orquestras).
No ano 2009 a Festa do Carme volveuse celebrar na súa VL Edición de maneira ininterrompida, repetindo xa os tradicionais xogos populares para diversión de todos, o partido de fútbol Solteiros Vs. Casados, Campionato de Bolos no campo de Triñans, Bailes Internacionais con grupos Silistra de Bulgaria, Monterrey de México, Xilbarbeira de Boiro, coas alboradas apesares de que o día 16 non puideron saír debido a climatoloxía, coa Procesión Marítima, Misa Cantada e Ofrenda Floral na honra dos mariñeiros falecidos o día 16 de Xullo que apesares da choiva deu unha pequena tregua para que a Virxe saíra a percorrer o noso litoral cos barcos engalanados para tal ocasión, coas verbenas do día 15 con Panorama e Olympus que era incrible a xentiña que no campo da festa se xuntou, ninguén daba crédito a tal afluencia pois os coches chegaban aparcados ata o Esteiro, Cariño e outros lugares, o día 16 coas orquestras Tekila e Triunfo que tamén fixeron o disfrute de todos os alí presentes, e logo a media noite os tradicionais Fogos Artificiais Aéreos e Acuáticos os que ano tras ano acoden máis xente de todos os lugares, nun principio parecía que a cousa ia lenta pero logo desatouse a explosión que foi espectacular e os aplausos eran multitudinarios.
No 2009 avisamos que sería toda unha sorpresa, ¡e menuda sorpresa! ¿non si señores e señoras?, agradecemos a súa participación en todos os actos que se levaron a cabo, gracias polo seu apoio en todos os aspectos.
Este ano 2009 xa comezamos a traballar a reo para as celebracións do 2010, xa lles iremos informando a medida que vaiamos elaborando todo o programa, e xa estamos mirando as orquestras, e tentaremos contar de novo con orquestras de moita sona en toda Galicia,, así que xa saben hai que ir xuntando nun bote para que iso se cumpra. Lembren que temos dúas contas bancarias en LA CAIXA i en CAIXA GALICIA se queren ir aportando o seu granciño de area, que ós poucos e un pouco cada mes non se nota tanto. Lembren que necesitamos de vostedes para poder lograr todo isto que facemos, a súa colaboración coas aportacións económicas e a súa asistencia a todos os actos fan que esta Festa do Carme do Cabo da Cruz se coñeza cada ano en máis lugares e que acudan a ela ano tras ano xente de diferentes lugares de toda Galicia. Tamén necesitamos xente que esté disposta a traballar por que somos poucos e unha man non viría nada mal.
Xa contamos ca maior parte do programa para este ano 2010 e poden comprobalo nesta web de Cabo e tamén dende Asociación de FESTAS DO CARME DO CABO DA CRUZ, voten unha ollada e verán o que se poden ir atopando, a medida que o programa vai estando máis avanzado iremos informando de todas as novidades. Este ano non contaremos con orquestras como a Panorama ou París debido a que apesares dos intentos dende agosto do ano pasado, foi imposible dado que para as datas nas que celebramos a festa xa estaban ocupadas. Dicirlles que comezaremos a pasar polas súas portas na primeira semana de maio e que daremos unha segunda volta e que contamos con toda a súa colaboración.
Todo o relativo ás Festas do Carme 2010 saíu ben, salvo que o día 15 de Xullo para a verbena fixo acto de presenza a choiva e a Orquestra “Costa Oeste” tivo que acabar por suspender a súa actuación pois a choiva dáballes de fronte, así que voltarán o 23 de Xullo para deleitarnos pola noite, gustaríanos ter algunha sorpresa para esa noite. Acudan a disfrutar.
En breve iremos poñendo as fotos para que poidan ver todos os acontecementos nestas Festas do Carme 2010.
Como xa poden comprobar nas fotos a FESTA DO CARME DO CABO DA CRUZ 2010 foi grande apesares da choiva, tivemos como todos os anos actos para todos os públicos e oxalá podamos seguir facendo o mesmo pero para lograr todo iso sempre precisamos da súa colaboración. Desde o fútbol, pasando polos bolos, bailes tradicionais e latinos, e as xa coñecidas verbenas e os fogos artificiais todo saíu ben pois obtivemos toda a súa colaboración tanto cando fomos a pedir como a súa asistencia a todos os actos celebrados. Moitas gracias por todo.
Xa temos listo o programa das Festas do Carme do Cabo da Cruz 2011 listo, simplemente faltan algúns pequenos detalles nos que estamos traballando e tratando de conseguir dado que a crise afecta a todos e os prezos non baixan, non saberemos se poderemos conseguir bailes e outros actos, pero o programa do día 15 e 16 de Xullo xa esta listo e poden velo pinchando no link deses días, a medida que se vaia achegando as datas saberemos máis e poderemos informalos de todo. Pero dende logo contaremos con Orquestras da sona de París de Noia e Olympus, e coma sempre teremos os xa coñecidos FOGOS ARTIFICIAS que teñen gran sona en toda a comarca.
Programación da FESTA DO CARME DO CABO DA CRUZ 2011 lista, poden ver toda a programación arriba CARTELES DE XULLO, ou tamén se son usuarios do FACEBOOK e buscando Festas Do Carme Do Cabo Da Cruz alí poden ollar dende fotos ata comentarios das persoas ás que lles gusta esta festa.
O Carme 2011 celebrouse con gran afluencia de público a todos os actos que estaban preparados, no fútbol feminino gañaron SOLTEIRAS na tanda de penaltis, no fútbol masculino gañaron os SOLTEIROS 3-1. No campionato de bolos que se celebrou o domingo 10 e as semifinais e finais o martes 12 gañaron Jero e o seu pai (de Pomar de Río). Nos xogos tradicionais do venres 15 a participación foi grande pois as temperaturas acompañaron para as cucañas, os patos, as carreiras de sacos e zancos etc., e logo pola noite a verbena a cargo das orquestras PARIS DE NOIA e NUEVA GENERACIÓN un gran ambiente onde o público foi agradecido e de todas as idades. O sábado 16 (FESTIVIDADE DO CARME) misa cantada e a procesión marítima que rematou coa honra floral polos mariñeiros falecidos tamén tivo unha gran afluencia de visitantes e que para algúns era a primeira vez que ían subir a un barco e percorrer parte do litoral boirense gozando da paisaxe apesares do fresco que facía, logo pola tarde tiveron que cancelarse os Bailes Tradicionais por motivo da choiva pero o ventiño do norte axudou para que pola noite os Fogos Artificiais sobre todo acuáticos brillarán con gran esplendor para dar paso a gran verbena a cargo das orquestras OLYMPUS e HIROSHIMA con gran afluencia de público que se divertiu moito. Gracias a todos por acudir a esta pequena vila mariñeira estes días, esperamos que o pasaran ben e que se queden para seguir pasando ben e coñecendo a vila crucense.
O Carme 2012 celebrouse con dificultades pero ao final chegou a bo porto, como cada ano no fin de semana anterior os días 15 e 16 de xullo celebráronse os Partidos de Fútbol Afeccionado CASADOS Vs. SOLTEIROS, e CASADAS Vs. SOLTEIRAS, non vamos poñer resultados pois do que se trataba era de pasalo o mellor posible, e tamén no día seguinte o Campionato de Bolos como xa ven sendo tradicional. O día 14 de Xullo celebrouse a ritmo de pandeiretas e cantareiras co Grupo FIADEIRA con xente desta terra mariñeira, logo viñeron os Bailes Folclóricos a cargo do Grupo XILBARBEIRA acompañados do grupo de Gaitas AR DE LOUREDA, e para rematar pola noite unha Festa Gastronómica do Longueirón do cal degustaron os presentes xunto con cachelos, pan e viño, e todo por un módico prezo, e coa actuación da BANDA DA BALBINA da cal todos disfrutaron con temas como ESTOMBALLADA ou MARIÑEIRO MATALOTE. O día 15 e 16 as alboradas correron a cargo de A GANDAINA DE PALMEIRA e AR DE LOUREDA. O 15 Xogos Tradicionais e pola noite coa actuación das orquestras PHILADELPHIA E JERUSALÉN. O 16 de Xullo, día do Carme, a tradicional Misa Cantada e a Procesión Marítima na honra dos mariñeiros falecidos, e pola noite acompañados polas orquestras ACHÉ e PANAMÁ, a media noite a gran queima de Fogos de Artificio de sona en toda a comarca.
Agora toca facer balance, descansar uns días e comezar a traballar xa na organización das FESTAS DO CARME 2013 e coma todos os anos contamos con todos vostedes.
As FESTAS DO CARME DO CABO DA CRUZ van medrando ano tras ano e iso e gracias a todos vostedes pola súa colaboración e pola súa asistencia a todo o que ao redor das festas se fai, seguide acudindo e disfrutando destas festas que para nós é un verdadeiro orgullo velos disfrutar da festa.
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario